
Un vídeo, un novo tríptico e unha guía didáctica axudarán aos visitantes a comprender os elementos expositivos
02 feb 2023 . Actualizado a las 16:46 h.O Museo da Limia estrea neste mes de febreiro novas publicacións promocionais. O padroado do mesmo procedeu a presentar un vídeo, un novo tríptico e unha guía didáctica que servirán para axudarlle aos visitantes a entender mellor os elementos expositivos e as actividades que se desenvolven dende o padroado e a asociación de artesáns da Limia, Limiar. Tanto no tríptico como na guía profundízase nos contidos do museo, nos de Limiar, e explícase a configuración dos órganos reitores. Tamén se fai referencia á importancia de actividades relevantes organizadas polas entidades que operan no espazo expositivo. No acto procedeuse a presentar a separata do número 14 da revista «Lethes» titulada «A arracada de Vilar de Santos. A forma e o simbolismo».