Verín prepara o aparcamento para o pase de «María Solinha»

La Voz OURENSE / LA VOZ

VERÍN

cedida

O director Ignacio Vilar estivo revisando o espazo onde se vai facer a proxección

31 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Verín e a produtora de Ignacio Vilar, Vía Láctea Films, anunciaron hai unhas semanas o acordo para facer na vila ourensá a estrea en autocine da nova película do director galego: María Solinha. 

O de Verín, previsto para o día 21 de xuño, será o primeiro dos pases do novo proxecto da produtora de Arousa que vai crear o primeiro autocine de Galicia e que tamén pasará a película en A Rúa.

O realizador Ignacio Vilar estivo en Verín para coñecer o espazo onde se vai proxectar e valorar co alcalde, Gerardo Soane, as actuacións que se deben levar a cabo para ter todo preparado para o acto do vindeiro 21 de xuño.

A nova iniciativa tamén tenta implicar á hostalería local, á que se convidou para crear propostas gastronómicas para a ocasión mediante un «menú autocine».