Política en positivo; traballar para Ourense

José A. Parente O OURENSE TERRENAL

OURENSE CIUDAD

14 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa finalizando esta lexislatura municipal, os ourensáns poden sacar moitas cousas en limpo, que as siglas PP, non solo son Partido Popular, se non que tamén son Política Positiva. Unha política, que goberne ou non, en calquera dos 92 concellos da xeografía da terra dos afiadores, en ningún momento fai política denigrando aos demais partidos, política en positivo que en ningún momento trata de mangonear e desprestixiar aos demais, senón darlle prestixio ao mais importante Ourense e os ourensáns. Día a día, os mozos vamos tendo claro as nosas pretensións, unha formación persoal en educación, para así poder asumir e levar a cabo os principais retos que queiramos plantexarnos levar a cabo, os mozos queremos propostas en positivo, como ver como mellorar a situación laboral, ver mellorar os nosos concellos, vilas e a cidade de Ourense e ver alternativas de ocio, enfocadas había o turismo e o aproveitamento do territorio.

Principalmente, a balanza acaba por caer do lado do Partido Popular de Ourense, un partido que comeza dende as súas bases con novas xeracións ata o seu presidente, Manuel Baltar, un partido con algo claro, que leva gravado a ras de pel, seguir explotando e mellorando o territorio ourensán.

Un partido que nos preocupa a cultura, nos preocupa as nosas sinais de identidade como a lingua e os nosos antergos, como foron Risco, Cuevillas, Losada Diéguez ou o patriarca das letras, Otero Pedrayo; un partido que coa opinión de todos e cada un dos veciños e veciñas queremos seguir mellorando o nosos territorio, un territorio fundamentalmente rural, pero un territorio que estenda os seus produtos e froitos mais alo das nosas fronteiras, como as distintas denominacións de orixe, as patacas limiás e o gando que se estende pola xeografía ourensán, dende Santirso nas terras da corga da serra de Maceda ata Vilariño de Conso, un partido que quere un futuro, e falar de futuro e falar de mocidade, un partido que loita para que a mocidade non esqueza o seu territorio, un partido, con algo claro, seguir loitando, sempre de forma positiva por, para, dende e a través de Ourense, para os ourensáns, un partido que quere mais, e un partido que dende logo, seguirá ofrecendo os seus ombreiros para traballar e loitar, sen medo a embarrarse no fungo das explotacións agro gandeiras ou dos eventos culturais pero un partido que algo ten claro, que Ourense sempre será o Atenas e o paradigma de Galicia, como sempre recordaba, Don Vicente, Vicente Risco. Porque non hai nada máis importante que poder ser limiao e de Ourense, pero non hai nada máis importante que estar a carón dos veciños.