DIARIO DE AURIA | O |
01 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.O GRAN espectáculo do mundo. O circo. Non deixa de pasar esta idea pola miña cabeciña mareada. O gran espectáculo do mundo: a política auriense e os seus derivados. Agora que están de moda os programas tipo La Granja, Gran Hermano (estas chorradas), non estaría de máis que varias cámaras enfocasen o día a día dos nosos políticos na crise popular. Saber qué falan, qué comentan nas súas reunións secretas, a quen vulneran, a quen exhortan. Creo que o programa sería un rotundo éxito. E o cidadán, que é o que paga os impostos e vota para ser ben gobernado, sabería realmente en quen deposita a súa confianza. Bromas aparte, creo que a crise popular tocou fondo. Xa non se trata de que Baltar queira marchar. Sucede que agora son moitos os que non o soportan dentro das filas populares. A costa de perder Ourense, Galicia, os urbanitas están cansos de Baltar. Non hai volta atrás. O Pepé está roto. Só nos queda saber a quen lle pedirán os votos cando conten os seus deputados e non sumen 38. O grandísimo virrei Baltar, evidentemente, estará disposto a ceder os seus. Os que agora o censuran, volverán estar encantadísimos. O circo non se acaba. Nunca.