DIARIO DE AURIA | O |
17 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.AFIRMA un informe da Fundación de Cajas de Ahorro, ¡ai!, que Galicia é unha das comunidades que menos creceu nos últimos oito anos. Todos sabemos que iso é unha falacia inintelixible (Lo único que preciso en la vida es alguien que me entienda, escribiu Márquez). Hai que informar como Urdaci, que é o paradigma do periodista ecuánime. Por informar tamén informan que Ourense segue ni fu ni fa. Encefalograma plano. Máis peor que os labios de Tamara, que un día sen teléfono, que un estómago en estado crítico, que unha chuvia sen amor, que unha soidade sen uns ollos que a miren, invisibles. Os informes están para que ninguén lles faga caso. Especialmente os votantes. Os informes están porque teñen que estar, como una piedra en el camino (me enseñó que mi destino era rodar y rodar). O goberno (os gobernos) utiliza informes en función do seu favor electoral. Obvia informes se resultan desagradecidos. Nada cambia. O escepticismo acaba producindo tamén informes tristes, como boleros. Eu son un escéptico. Non me importan os informes. Só necesito, como o doutor Juvenal Urbino en