Las putas y los fariseos

OURENSE CIUDAD

DIARIO DE AURIA | O |

20 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Para amenizar esta columna coloco o do amigo Lou Reed no vello tocata Pioneer que acompaña as miñas feridas, esta soidade de cartón, este letargo. O era un himno. Cando soaba a guitarra os máis golfos saltaban a marcar territorio na pista mentres elas, palomitas, fumaban Fortuna con chocolate. Cambiaron os tempos. Agora nas discotecas non pinchan o , pinchan a Bisbal e esa tropa de yogurines descafeinados de premio Grammy (¡horteras!) e estulticia. Sen embargo hai cousas que nunca cambian: putas, rabizas, rameras. En Verín denuncian os veciños. Están fartos. E fan ben denunciar. Porque a culpa de todo, agora e antes, está nos que mandan. Socialistas, Populares, y hasta el mismísimo Franco. Ninguén foi capaz de encarar o asunto da prostitución. Legalizar, controlar, dotar de Seguridade Social a estas mulleres, que viven como escravas a maioría: encerradas en clubs de carretera ou ás ordes de mafias sen escrúpulos. ¡Que gobernantes tan hipócritas! Consentimos pero non legalizamos: esa é a consigna. En Verín (en Ourense) hay más putas cada día. ¿Los políticos se van a callar o tienen algo que decir? Ay... fariseos.