O Cortegada xogará mañá o seu partido en Málaga

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CORTEGADA

Martina Miser

As vilagarciáns deberían ter xogado co Unicaja o pasado día 8, pero non puido ser por varios casos de covid-19 no equipo andaluz

29 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Mariscos Antón Cortegada encaraba en primeira instancia unha fin de semana sen partido, logo de adiantar quince días atrás o seu encontro da decimo sexta xornada fronte ao Asisa Alhaurín de la Torre. Un choque disputado o pasado día 16 co daquela pechacancelas do Grupo A da Liga Femenina 2, que sumou a súa segunda vitoria da temporada a costa dun cadro vilagarcián ao que lle pasou factura o seu desgaste para derrotar o Córdoba o día anterior. Mais, finalmente, o Cortegada xogará.

O conxunto arousán partirá mañá a Málaga, para medirse, a partir das nove da noite, a un Unicaja co que debería de ter xogado o pasado día 8, na derradeira xornada da primeira volta do campionato regular. Varios casos de contaxios por covid-19 nas filas malagueñas obrigaron a adiar entón o choque.

O adestrador do Mariscos Antón Cortegada, Javi Nogueira, estaba pendente onte inda de saber se poderá dispoñer de todas as xogadoras do primeiro equipo tras ter que competir nas últimas semanas con baixas.