Celanova lembrou ao seu galeguista máis ilustre, Pepe Velo

La Voz OURENSE

CELANOVA

Cedida

O busto do celanovés luce dende o sábado no parque das Triguerizas

02 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O parque das Triguerizas de Celanova luce orgulloso dende este sábado un monumento que homenaxea a figura do galeguista Pepe Velo. Ao acto organizado para descubrir o busto, obra do escultor José Morales, non faltaron autoridades, veciños e familiares do celanovés, que quixeron recordalo con especial admiración.

A cita contou coa intervención musical do grupo de gaitas O gaiteiro de Penalta, que puxo a nota musical ao recoñecemento. Tamén o alcalde de Celanova, Antonio Puga, aproveitou para dicir unhas palabras sobre a importancia de Pepe Velo na historia de Galicia.