O burgo medieval de Celanova acolleu a celebración da primeira edición da romaría etnográfica Raigame
17 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.O burgo medieval de Vilanova dos Infantes viviu onte unha xornada histórica, a que veu marcada pola celebración da primeira romaría etnográfica Raigame. Artesáns, músicos, danzantes, copleiros de cego, títeres e outras actividades fixeron as delicias dos visitantes. Por un día este conxunto monumental de Celanova camiñou no tempo para voltar atrás na historia e rendir homenaxe ós colectivos de artesáns que contribuiron ó desenvolvemento do pais. Unha romaría como as de antes organizada polo Concello de Celanova e a Escola Provincia de Danza da Deputación de Ourense.