As sesións correrán a cargo do micólogo Alejandro Mínguez
02 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Días 4 e 5 de novembro e 3 de decembro • Parada de Sil, Bande e Lobios • Coa tempada micolóxica en plena actividade son varios os concellos da provincia que organizan propostas. En Parada de Sil celebran a primeira Xornada Micolóxica, a iniciativa está organizada polo Concello e será coordinada polo micólogo Alejandro Mínguez. Será este sábado, na consistorial, e a partir das dez da mañá haberá charla informativa, saída ao monte, recollida, identificación, clasificación e degustación. Ao día seguinte, o domingo 5, Mínguez coordinará unha xornada micolóxica en Bande. En decembro, o día 3, a mesma actividade desenvolverase en Lobios. Mínguez presenta esta tarde en Xantar, ás catro e media, a versión en portugués do seu libro «No país dos cogumelos».