Sesión de clausura en Marín das Xornadas Blanco Freijeiro

ALLARIZ

CONCELLO DE MARÍN

03 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Cun desprazamento ata a localidade de Allariz, en Ourense, para coñecer a cidade romana de Armea, espectacular xacemento no que se leva escavando de xeito ininterrompido dende hai trece anos, rematará este domingo a vinte e dúas edición das Xornadas Blanco Freijeiro que se desenvolveron na Biblioteca Municipal Vidal Pazos de Marín. Nesta excursión, os participantes, ademais, coñecerán a sauna galaico-romana do Forno da Moura e contarán con Adolfo Fernández Fernández, doutor en Arqueoloxía no Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo como guía-relator.

Nesta edición, as xornadas pivotaron en torno á recente creación dunha Sala de Arqueoloxía no Museo Torres e a importancia de Roma.