O panorama editorial medra con Aira, un proxecto creado en Allariz

La Voz OURENSE / LA VOZ

ALLARIZ

ANA VISPO

A iniciativa nace vencellada á libraría alaricana Aira das Letras

09 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A oferta editorial galega está a mudar. Fronte ás referencias que marcaron a historia e a cultura do país dende mediados dos cincuenta do pasado século, con importantes grupos de sobra coñecidos, están a agromar pequenos proxectos que apostan por un traballo máis alternativo, artesán as máis das veces, e dirixido a un público determinado -polas temáticas escollidas- e mesmo coa aposta por sectores que ata o de agora non tiveron moita presenza no catálogo das editoriais xeneralistas.

O último proxecto neste sector ten a súa orixe en Allariz e chega da man de César Lorenzo Gil. Chámase Aira e tanto a iniciativa como o seu catálogo veñen de ser presentados na edición do Cultural que rematou nestes días.

Da poesía a banda deseñada

Poesía científica, banda deseñada e tradución abrirán as portas dun catálogo que ten como responsable de contidos ao xornalista e crítico literario César Lorenzo Gil. O seu traballo neste sector podía seguirse ata o de agora na web literaria

Biosbardia

. O proxecto editorial nace vencellado á libraría alaricana Aira das Letras.

 

Segundo se avanzou no Cultural, Aira editará o poemario

Curiosidade,

de Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 1974) -recente gañadora do premio de poesía de Afundación- e no eido da banda deseñada sairá

Alter Nativo

, un proxecto do ourensán Jorge Campos que se materializa nun cómic en formato de acordión, sen diálogos e cun debuxo minucioso que «relata as múltiples existencias posibesis dun náufrago». A tradución de

Vidas imaxinarias,

de Schwob, será outro dos títulos.