Poesía, árbore e auga, protagonistas dunha actividade escolar no Carballiño

La Voz OURENSE

OURENSE

Celebración na Insua dos poetas.
Celebración na Insua dos poetas. MIGUEL VILLAR

Na celebración da Insua dos Poetas participaron nove centros educativos

19 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A Insua dos Poetas, no Carballiño, foi escenario este mércores dun acto para celebrar tres días mundiais dunha soa vez, o da poesía, o da árbore e o da auga. Trátase dunha actividade que cumpriu este ano a súa edición número dezaseis e que contou, nesta ocasión, coa participación de nove centros educativos da comarca carballiñesa e da capital ourensá. O alumnado de primaria, ESO e bacharelato presentou actuacións musicais, recitais de poemas e pequenas representacións teatrais.

Esta edición de 2026 estivo dedicada a Ramón Otero Pedrayo no 50 aniversario do seu falecemento. Ademais das actuacións dos escolares, houbo unha plantación de árbores autóctonas, tamén a cargo dos alumnos. Na actividade participaron sete colexios da comarca do Carballiño: CEIP Calvo Sotelo, Nosa Señora de Xuvencos, Virxe da Pena da Sela, CPI Virxa da Saleta, CPI Terras de Maside, CPR Vila do Arenteiro e o IES Manuel Chamoso Lamas. Desde Ourense capital foron o CEIP Amadeo Roodríguez Barroso e o Virxe de Covadonga.