Sande celebra a Festa da Carne ao Caldeiro

La Voz

OURENSE

Festa da Carne ao Caldeiro de Prado 2024
Festa da Carne ao Caldeiro de Prado 2024 Santi M. Amil

A quinta edición da cita gastronómica é este sábado no pobo do municipio de Cartelle

02 may 2025 . Actualizado a las 19:27 h.

Día 3 • 21.30 horas • Prado de Sande • Cartelle • Na localidade de Prado de Sande, en Cartelle, celebran este sábado a quinta edición da Festa da Carne ao Caldeiro. O menú, a 20 euros, está composto por empanada de carne de cachena, carne de tenreira ao caldeiro con patacas cocidas e chourizos cocidos ao viño, pan, viño e refrescos. De postre haberá requeixo con mel. Na festa tamén se contará cun menú infantil, que terá un prezo de 10 euros.

Como toda boa cita gastronómica que se prece en Prado de Sande tamén contarán con animación para a  Festa da Carne ao Caldeiro e a mesma correrá a cargo do grupo Mariachi Vigo. E para rematar a xornada poderase gozar da terceira Festa da Xuventude, que estará amenizada por unha discoteca móbil

Haberá servizo de bar e a organización contará con inchables para os máis cativos. 

 O caso desta cita gastronómica de Cartelle é singular. No pobo de Prado, na parroquia de Sande, viven menos de vinte persoas, aínda que no día da festa xúntanse máis de duascentas. A organización fixo público o seu agradecemento ás empresas que colaboran, así como á Asociación Cultural As Bonitas de Sande e o Concello de Cartelle