João Madureira dará a coñecer o seu novo libro este venres en Allariz
18 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Día 21 • 18.30 horas • Fundación Risco • Allariz • Na fundación que mantén vivo o legado e a figura de Vicente Risco teñen cita por partida dobre este venres. Dúas son as presentacións programadas para o día 21.
A primeira delas terá un carácter totalmente lúdico. Será ás seis e media da tarde cando se presentarán na sede da fundación o cabezudo e o monicreque que representan a Vicente Risco. No acto participarán os membros da directiva da institución, a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid; o concelleiro de Cultura, Alberto Conde, e o artista Borja Insua, creador das dúas pezas.
Volve João Madureira
E despois, ás oito da tarde, terá lugar a presentación do libro «O tosão de ouro», do portugués João Madureira, que xa ten participado hai anos nas actividades da Risco. Estará acompañado no acto por Antonio Blanco.