Tres poetas nacidos nos anos 90 son os finalistas do premio Florencio Delgado Gurriarán
O BARCO
OURENSE
O nome do gañador coñecerase nunha gala que se celebrará o día 26
09 oct 2024 . Actualizado a las 17:44 h.Despois de ler as 120 pezas presentadas por 110 autores, o xurado elixiu as tres finalistas ao premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán. O gañador será un home nacido na década dos 90: o vigués Daniel Barral, o baionés Benjamín Vidal ou o coruñés Aleixandre Lago. O nome do gañador darase a coñecer nunha gala prevista para o 26 deste mes da que a organización garda en segredo a ubicación. Será a primeira feita pola fundación que leva o nome do poeta de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) desde a súa creación fai uns meses.
O vencedor levará os 3.000 euros do premio.