Portugal convida a Amigos da República a unha homenaxe en Cambedo da Raia

La Voz

OURENSE

No 2010 Ourense dedicoulle unha praza ao pobo de Cambedo da Raia
No 2010 Ourense dedicoulle unha praza ao pobo de Cambedo da Raia Santi M. Amil

A aldea do municipio de Chaves foi obxecto dunha dura represión en 1946 por acoller a guerrilleiros e fuxidos galegos

19 may 2024 . Actualizado a las 19:50 h.

Cambedo da Raia, un pequeno pobo da contorna de Chaves, forma parte dos lugares sinalados da memoria histórica e da loita contra as ditaduras de Franco e Salazar. O lugar era zona de refuxio para os guerrilleiros que loitaban contra o réxime franquista e de fuxidos que cruzaban para Portugal como un primeiro paso de camiño cara ao exilio ou á emigración do outro lado do Atlántico. En 1946 ía celebrarse unha xuntanza das guerrillas no Cambedo da Raia e o pobo foi arrodeado e tomado por gardas civís españois e xendarmes portugueses. Tiráronse bombas e houbo unha masacre de guerrilleiros e fuxidos, e mesmo algún veciño.

Carlos Silva, do Centro Cultural de Vilarelho da Raia, e o historiador Luis Martínez-Risco organizaron un acto de lembranza en 1996 e foi daquela cando se colocou un monólito co gallo dos 50 anos dos feitos. Martínez-Risco publicou, co apoio de Amigos da República, un libro sobre a resistencia de Cambedo da Raia e a solidaridade dos seus veciños no ano 2004.

Agora o Goberno de Portugal, na celebración do cincuenta aniversario do 25 de abril e na lembranza da memoria colectiva, vai realizar unha homenaxe o vindeiro día 1 de xuño ao pobo de Cambedo. Entre os convidados figura a Asociación de Amigos da República de Ourense. Entre os participantes está confirmada a presenza do ex presidente da Asemblea da República de Portugal, Augusto Santos Silva