David Rubín regresa co seu «Beowulf» ao Sindicato del Cómic

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

David Rubín
David Rubín MIGUEL VILLAR

O ilustrador ourensán presentará e asinará exemplares da edición especial do décimo aniversario

02 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O ilustrador ourensán David Rubín vén de pechar un ano do máis exitoso. Aos recoñecementos acadados nos últimos tempos engadiu no 2023 o seu proxecto Lume, que se converteu nunha das referencias indiscutibles nos medios de comunicación especializados, na oferta editorial, no circuíto de festivais e en todos os paneis de obras e autores premiados no pasado exercicio.

David Rubín volve á cidade nestes primeiros días do 2024 e faino para presentar a décima edición doutro dos seus títulos senlleiros: o «Beowulf» que publicou con Astiberri no ano 2013. A obra de Santiago García e Davíd Rubín marcou un punto de inflexión da carreira profesional do ilustrador, aportándolle ao seu traballo unha gran proxección internacional.

 Agasallo personalizado

O día 4, ás sete da tarde, Rubín estará na libraría especializada Sindicato del Cómic —Doutor Marañón, 15— para presentar e asinar exemplares da edición do décimo aniversario de Boewulf. Aínda que a convocatoria se refire á obra conmemorativa dos dous lustros do título, o ilustrador anima aos ourensáns a achegarse á libraría: «O 4 de xaneiro vémonos en Sindicato del Cómic de Ourense, xusto para que convirtas a nova edición de BW ou calquera dos meus libros no agasallo perfecto e personalizado con arte orixinal para Reis».