Tanxugueiras

María Doallo Freire
María Doallo NO SÉ NADA

OURENSE

O grupo Tanxugueiras
O grupo Tanxugueiras Mónica Irago

26 ene 2022 . Actualizado a las 10:33 h.

Hoxe quedei para ver ás Tanxugueiras no Benidorm Fest. Estou ansiosa por velas sobre o escenario con ese Terra que volve remexelo todo por dentro. Onte, almorzando, lembreime de Jorge de Álvarez. Fai pouco entrevisteino porque vestiu a Rozalén nos Grammy Latinos e confesoume o seu soño de acompañar ás Tanxu na súa candidatura a Eurovisión. Así que lle escribín e contestoume que si, que estaba en Benidorm, feliz, nervioso e sen aínda ser capaz de crelo de todo. ¡Que emoción: de Viana para o mundo! Díxome pouco máis porque o hermetismo do certame é alto. Igual que as miñas expectativas para esta noite. Levo implicitísimo o orgullo galego dende que nacín. Por iso a verdade é que o que menos me importa do Benidorm Fest é quen vai ir a Eurovisión. Porque que participen Tanxugueiras xa significa unha dignificación do galego preciosa, efectiva e artística. Dende logo, o que ten que ser coa nosa lingua. E iso xa é un triunfo, un soño e un gran paso e un gran paso adiante. Teño moitísimas ganas de ver a Aida, Sabela e Olaia petalo a niveis estratosféricos esta noite e é que non me cabe dúbida de que iso é o que van facer. Máis alá do resultado final do seu periplo cara o gran certame europeo, estas tres pandereteiras xa nos fixeron gañar a todos os galegos. Son a demostración de que non fai falta falar o mesmo idioma para entenderse. Tamén de que a tradición non é arte desfasado, é respecto pola historia e a experiencia. Cos pés ben afundidos nas súas raíces, elas arriscáronse apostando pola música que cantaban as súas avoas e agora enchen auditorios con rapaces e maiores. As Tanxugueiras están gañando e con elas gañamos todos, porque vaia traballazo cada tema que fan. ¡Moita merda!