Picaporte

Marcos Guimarey ARGUMENTARIO

OURENSE

Jesús Vázquez Abad (PP)
Jesús Vázquez Abad (PP) MIGUEL VILLAR

13 jun 2021 . Actualizado a las 17:49 h.

«Non é que eu me meta nin me importe» é un verso da canción Masculino Singular, de Rosendo. Que o noso Rosendo, -o da Merca, que non Mercado-, lle recrimine a conduta a Jesús Vázquez, exalcalde de Ourense e compañeiro de partido, é cousa de gran novidade e da pé a que os demais poidamos formar a nosa opinión. Eu hoxe penso que como os corvos ventan a preada para ir sacarlle os ollos, ou os voitres arrodean aos cadáveres para arrancar o seu alimento, así está hoxe a situación na ourensanía, a provincia pobre e abandonada do Estado.

José María Bermúdez de Castro recorda que o salto de chimpancé á especie Homo sucedeu nunha franxa indeterminada fai entre seis e oito millóns de anos; que foron cambios climáticos os que transformaron as selvas en sabanas e aqueles devanceiros tiveron que adaptarse. Nesa evolución, o relato é fantástico: os grupos dedícanse á caza. Bermúdez de Castro non é quen de afirmar tal cousa, e propón que outra opción puido ser que aproveitando os restos en descomposición, agora somos Homo Sapiens. Coa de millóns de anos que pasaron, ese comportamento ecolóxico de limpar os ósos dos corpos comézase a ver nos membros das executivas dos partidos políticos provinciais. Rosendo desta volta ten razón, e a presenza de Jesús Vázquez cando se estaba a debater unha modificación de crédito de sesenta millóns de euros, era necesaria, aínda que solo fose para contar a súa experiencia, de tantas modificacións que fixo. Pero é que a Madrid libertaria é moito máis cobizosa que a cidade en emerxencia social. Que ser senador ao estilo dos patricios, coas súas dionisíacas e os banquetes, é moito máis atraente que a mensaxe de Cáritas rogando voluntariado para este período. Como di o Rosendo Mercado: «Solomillo, lo quieres de ida y vuelta o sencillo?». Como na evolución, hai momentos excepcionais, nos que o azar preséntase nunha mesa cos xogadores practicamente descartados e con poucas bazas. A próxima moción de confianza podería dar resultados diferentes si se pensara no binomio Natalia e Flora; ben puidera ser o renacer da política municipal que tan necesitada está de xestos de concordia, onde un corte de manga quedou rexistrado no diario. Nas paredes que falan, outro verso de fai tempo «non votes a Rosendo, que é xerundio»; toda a razón, pero ate un reloxo parado atina na hora dúas veces ao día. É o momento de coller o picaporte, Jesús, e vai amodiño, que te vas fatigar.