Palabras para Lois Pereiro

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

A Casa da Cultura de Ourense acolleu o acto expansivo en lembranza do escritor

07 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

As poesías que soaron nas voces de Arancha Nogueira, Antía Balvís, Ana Fraile Somoza e Raúl Gómez Pato, xunto coas palabras de Manel Rodríguez e Xosé Rodríguez centraron o acto da Casa da Cultura de Ourense en lembranza de Lois Pereiro. Proxectouse a curta «Darkened Room», de David Lynch. Allariz e Celanova tamén acolleron actos. En Allariz e Celanova tamén se desenvolveron convocatorias dentro da xornada que tiña como obxecto lembrar a Lois Pereiro agora que se cumpren os 25 anos do seu pasamento. A iniciativa tivo a súa orixe na Casa da Cultura de Monforte, a cidade natal de Pereiro, e ao «acto expansivo» foron sumándose colectivos de cidades e vilas de toda Galicia e mesmo de Barcelona. No caso da cidade de Ourense a convocatoria foi organizada polo Cineclub Padre Feijoo.