Encontro internacional de poesía Víctor Campio

La Voz

OURENSE

Víctor Campio.
Víctor Campio. miguel villar

A cita do Círculo Poético Ourensán será no Liceo

28 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 19.00 horas • Liceo de Ourense • De balde • O Círculo Poético Ourensán celebra o seu décimo primeiro encontro internacional. Por mor da pandemia do coronavirus, neste 2020 o Encontro Internacional de Poesía celebrarase de forma semipresencial: con videoconferencias e lecturas presenciais. A través de videoconferencia participarán Irma del Ángel, Rossana Camerana, Carlos Ruvalcaba, Belén Ceja, Ana Karen García, Ignacio Díaz e Abdoulaye Bilal -de México, Arxentina e Senegal-. De forma presencial o asturiano Francisco José Fernández, alumnos premiados no concurso escolar e membros do Círculo Poético Ourensán. A parte musical poñeraa o cantautor ourensán Emilio Alonso, presentando o seu novo traballo «Si no lo digo reviento».