Nunhas horas


Onte foi o primeiro día de volta ao cole. E empezaron os máis cativos. Os que aínda, en moitos casos, falan ou fano con lingua de trapo. E outros entran a clase cando aínda non saben andar. Son as escolas infantís, os espazos aos que confiamos os nosos pequechos cando teñen pouco máis de cinco meses (iso xuntando vacacións e lactación) porque o sistema entende que son grandes dabondo para que poidamos volver traballar. E deixámolos con medo. Xa o facíamos sempre. Son moi pequenos e non sabes se está ben, se te bota de menos, se sinte desapego... Tes que ir aprendendo a ler na cara do teu bebé que está feliz alí, que o pasa pipa, que foi unha boa decisión (aínda que tampouco tiñas moita máis opción). Son medos que supoño que todos os pais pasamos cando toca facelo, pero que se pasan. Supoño que tamén pasarán os medos que todos temos este ano coa volta a cole, non porque estea en contra, senón porque ás veces semella que os que mandan non teñen claro que vaia saír ben. Só así se pode entender os cambios de criterio que vai habendo a pouco máis dunha semana de que volvan os de primaria (por certo, agora en dúas quendas, cando hai dous días desde a Consellería de Educación perxuraban que sería o día 10, e o 10 será... pero para a metade) ou como cambia o protocolo no primeiro día de volta nas escolas infantís. Apenas había unhas horas desde que abriran as súas portas as privadas (as públicas abren o 4) e xa hai cambios no protocolo (no límite do que se considera febre: agora 37,5, onte á mañá eran 37). Nunhas horas! A situación é complicada, si, pero esta política de bandazos xa fede.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Nunhas horas