Mellores?

Xosé M. Rodríguez ANACOS

OURENSE

28 abr 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Non son poucos os que aparecen estes días por terra, mar e aire -é dicir, por canto recanto hai- coa leria de que logo de pasar a pandemia esta do corona-virus todos imos a ser mellores e pouco menos que isto vai ser o paseo das estrelas: con maior compromiso co cambio climático -referencia cotiá á hora de facer un chamamento dicindo que será moito peor que isto, sen comparanza-, máis solidarios e moito mellores persoas.

Supoño que algúns destes referentes sociais estarán reformulando as súas teorías logo de ver a actuación exemplar deses milleiros e milleiros de pais e avós que se botaron á rúa na xornada do domingo para gozar de forma totalmente consciente e consecuente do novo escenario fixado polo Goberno para empezar a famosa desescalada, termo que xa pasará ao noso imaxinario colectivo como o desexo agochado que marcará calquera estado de satisfacción e felicidade por acadar un obxectivo marcado.

Se eses que aparecen nas fotos motivo de alarma social, de Donosti a Valencia e de Barcelona a Ares, son os encargados de educar aos cidadáns de futuro e ensinar co exemplo que poderemos agardar dese escenario que haberá dentro duns lustros?