Prorrogada a mostra de ilustracións de Xurxo Oro Claro para «Memoria erótica»

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

A exposición estará aberta na galería Visol ata o 18 de outubro

10 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 18 de outubro • Galería Visol • No espazo artístico da rúa San Domingos amosan o traballo do artista ourensán Xurxo Oro Claro. A mostra, vencellada ao OUFF 2019, prorrogouse e estará aberta ao público ata o día 18 -en principio ía clausurarse o día 5, coincidindo co remate do Festival de Cine de Ourense-.

A exposición está composta por 28 ilustracións creadas por Xurxo Oro Claro para ilustrar os relatos de Carlos Velo (Cartelle, 1909 - México, 1988) que forman parte do libro «Memoria erótica». O proxecto da publicación e da mostra foi promovido pola Fundación Carlos Velo.