Luar na Lubre, Treixadura, Os Melidaos, Gomes Mouro e Rebulir estarán no Auditorio
09 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Día 12 (venres) • 20.30 horas • Auditorio de Ourense • De balde (hai que retirar a invitación) • A Coral de Ruada está a desenvolver un amplo programa de actividades para celebrar o seu centenario. Xa se teñen realizado diferentes iniciativas vencelladas coa efeméride e para este próximo venres está previsto un concerto no Auditorio. A cita non será unha actuación máis da histórica masa coral ourensá. O «concerto entre amigos» contará coa presenza de grupos cos que a Coral de Ruada ten colaborado ou que promoveron iniciativas ou proxectos nos que se materializou a participación dos ourensáns. Para a cita do venres, actividade organizada polo Concello de Ourense e De Ruada, contarase coa participación de agrupacións de música tradicional tan senlleiras como Rebulir, Gomes Mouro, Os Meliados, Treixadura e Luar na Lubre. A fornación liderada por Bieito Romero quixo sumarse a esta celebración da coral, agrupación que participou no traballo de Luar na Lubre editado o pasado ano e gravado na Ribeira Sacra. Colaboran nesta iniciativa a Deputación de Ourense, Consello da Cultura Galega, Consellería de Cultura, Obra social «la Caixa», Anpian, Cabú, Bodegas Arnoya e Estrella Galicia.
Retirada de invitacións
A entrada é de balde. As persoas interesadas en asistir ao espectáculo poderán recoller as invitacións dende hoxe, e ata o venres, na recepción do Auditorio de Ourense, en horario de 9.00 a 14.00 horas.