Trasalba acollerá un outono cultural en memoria de Otero Pedrayo

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Música, conferencia, encontro de fundacións e casas museos e magosto serán as propostas

02 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 6, 19 e 20 de outubro e 10 de novembro • Casa Grande de Cima de Vila e IES Otero Pedrayo • De balde • A sede da Fundación Otero Pedrayo acollerá durante os meses de outubro e novembro un programa de actividades culturais que convertirán a Trasalba en punto de encontro arredor da figura do patriarca das letras galegas.

As propostas do outono cultural de Trasalba -que lembrando un título de Otero serán «Entre a vendima e a castañeira»- xa comezaron a pasada fin de semana, cun encontro das Fundacións de Nós e unha xornada sobre a Galipedia. A próxima cita será o sábado, día 6 de outubro, a partir de las 19.00 horas. Una visita guiada polas instalacións da sede da fundación -que incluirá a oportunidade de escoitar as palabras de Otero Pedrayo- e a actuación do grupo Bossa Nostra (20.00 horas) serán parte do programa, que se pechará cun viño galego.

O día 19 Trasalba servirá como escenario para a clausura das xornadas da Asociación de Casas Museos e Fundacións de Escritores de España e Portugal. E o 10 de novembro haberá magosto na Casa Grande de Cima de Vila para todos os que ata alí se queiran achegar.

Cita no instituto

Outra das actividades, que se celebrará no IES Otero Pedrayo o 20 de outubro, será a maratón Wiki-Nós, que se centrará en incorporar datos sobre Nós na Galipedia.