Emilio Rúa presenta o seu disco no Gaiás

La Voz

OURENSE

BENITO ORDOÑEZ

No traballo «Duetos» participan dende Pablo Milanés a Josele Santiago

18 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 21 • 21.00 horas • Cidade da Cultura de Galicia • O cantautor ourensán Emilio Rúa (Riós, 1976) presentará o seu novo disco este venres no Gaiás. «Duetos», que así se chama o traballo, ofrece temas a dúo na compaña de Pablo Milanés, Víctor Manuel, Rozalén, La Shica, Javier Álvarez, Rebeca Jiménez, Carmen París, Rosa Cedrón, Josele Santiago e Luis Pastor, entre outros.