Un libro

José Pérez Domínguez NO ATRIO

OURENSE

21 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Quero ofrecervos un libro de poucas páxinas, con moito de historia, con un pouco de pensamento, con algo que é de tempos pasados (xa fai oito séculos), pero de perenne actualidade: necesidade de unha nova evanxelización, presenza entre nós de crentes musulmáns e urxencia de persoas que testemuñen a súa fe. Este é o caso de Domingo de Guzmán (1171 ? 1221), santo Domingo. Burgalés de pro, ben situado na carreira eclesiástica, ao servizo do seu bispo e das misións que o papa lle encomendara. Nunha delas, camiño da Escandinavia, encontrase en Francia cos cátaros ou albixenses («crentes cristiáns que non recoñecen a divinidade de Cristo, nin veneran a cruz, nin aman a Igrexa»). Domingo descubre eiquí o sentido da súa vida: predicar a Xesús Cristo perante a vida en común, dedicándolle tempo a oración e ao rezo da Liturxia das Horas. Un dos cantos co que acompañamos o rezo do rosario fai referencia a santo Domingo coma si el fora o seu inventor: «Viva María, viva el Rosario, viva Santo Domingo, que lo ha fundado». Pero o rosario, como instrumento para contar oracións é moi anterior. Xa se utilizaba no hinduísmo, no xudaísmo, nos primeiros séculos do cristianismo, no mesmo islamismo. Na idade media déuselle ao Rosario unha estrutura supletoria dos salmos, pois moitos xa descoñecían o latín. Así, a 150 salmos corresponden 150 avemarías; cas antífonas antes de cada salmo, que ven a ser os misterios do rosario; co gloria al Padre... Deste xeito, aínda que a oración da Igrexa son os salmos, o rosario é a salmodia dos iletrados. O libro titúlase 15 días con Domingo de Guzmán, de Alain Quilici, op.