En Marea comprométese a recuperar a inversión para cultura en Galicia

La Voz

OURENSE

Ánxeles Cuña e David Rodríguez participaron nun encontro con colectivos culturais do Carballiño

07 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ánxeles Cuña e David Rodríguez levaron onte a campaña de En Marea a O Carballiño, onde se reuniron con representantes de case trinta colectivos culturais. O concelleiro de Alternativa Veciñal do Carballiño, Bernardo García Nóvoa, tamén participou no encontro. Cuña Bóveda explicou que a vocación de En Marea e do goberno autonómico que pode resultar de ganar as eleccións é devolver o nivel de inversión no sector cultural. A directora teatral e pedagoga asegurou que desde 2009 «a Xunta acometeu un recorte do 50% nos orzamentos destinados a cultura». Ademáis, Cuña e Rodríguez, fixeron unha proposta para desenvolver dende a Xunta: a creación de programas culturais que poñan en relación aos colectivos entre as comarcas das distintas provincias. Programas que porían en contacto a colectivos culturais, por exemplo, de O Carballiño con outras vilas ourensáns e con vilas do resto do país. Para a cabeza de lista de En Marea «o empobrecemento da cultura é o empobrecemento do espírito do país».