O OUFF incluirá varias curtametraxes no pase de Baixo as estrelas

OURENSE

O Festival de Cine de Ourense abriu o prazo de concurso para a edición deste ano

19 jul 2012 . Actualizado a las 19:16 h.

O OUFF celebrará mañá a súa terceira sesón do ciclo , as proxeccións ao aire libre que se organizan todos os veráns na praza de San Martiño. Para a cita deste venres, 23.00 horas, incluironse varias curtametraxes, concretamente os títulos , de Julio Mora e Jorge González, , de Flavio G. García, <0'39>, de Juan Bidegain, , de Javier Macipe, , de Josué Ramos e , de Daniel Bernal. As proxeccións teñen carácter gratuito. Doutra banda o OUFF abriu o prazo oficial de presentación de longametraxes a concurso para o Festival de Cine de Ourense deste ano, a celebrar entre o 2 e o 11 de novembro. Ante a premura de prazos, polo retraso provocado coa decisión da Deputación de Ourense de abandoar o consorcio do OUFF, este ano só haberá unha sección a concurso, en lugar das cinco que había ata o de agora.