Para estudar fotografía levantábase as tres da mañá a transportar roupa
27 feb 2012 . Actualizado a las 06:58 h.¿Pódese salvar o mundo a través da fotografía? Óscar Pinal posiblemente non aspire a tanto, pero está convencido de que, a lo menos, pódese cambiar a visión que a humanidade ten de si mesma. Forza de vontade non lle falta a este mozo que pasaba tres a seis da mañá trasladando enormes percheiros de roupa, para poder pagarse os seus gastos mentres estudou na Escola Antón Faílde. Traballa como independente, vendendo a quen poida estar interesado e, como el mesmo recoñece, paga as facturas gracias a colaboración estable coa guía de viaxes americana Frommers.
-Elexiu o camiño dificil
-Si. Normalmente a xente empeza traballando para un periodico, unha axencia ou unha editorial. Eu empecei polo máis fastidiado: de autónomo e intentando buscarme a vida, facer as noticias ou reportaxes que me parece que poden ser interesantes. Eu para vender algo teño que ser o único que ten o tema ou ter unha noticia moi potente.
-¿Como o consegue?
-Da moito traballo, hai que estar ao dí de todo o que pasa, ter unha boa rede de contactos e contrastar. E no caso das reportaxes, sentilo moito, meterse na esencia. Pero sobre todo hai que decir a verdade. Eu creo que o fotógrafo non ten que intervir nen preparar nada. O fotógrafo tería que ser invisible e, se poidéramos, sería o cúlmen.
-¿Cando decidiu que este era o seu camiño?
-Non creo que de neno pensase en ser fotógrafo, pero sí que tiña xa a fascinación polas cámaras. Tiñamos unha cámara na casa que era de meu avó e non funcionaba, pero sempre estaba xogueteando con ela. Pero creo que foi cando estiven traballando en Londres cando empecei a valorar esta opción.
-¿Por que?
-Tiven unha sorte inmensa. Traballei de asistente de galería nos mellores museos de arte: Tate Modern, Tate Britain, Royal Galery..., e vin exposicións dos millores fotógrafos e do mellorciño do arte moderno. Alí empecei a enterarme, a interesarme polos autores que expoñían alí o seu traballo.
-Como é que non quedou
-Non me atopaba moi cómodo vivindo alí e nese momento tiña morriña da casa.
-Pero vostede non parece morriñento. Foi a Etiopía, a Francia a Perú...
-Eso é o que de verdade me chama, paréceme máis interesante que estar aquí esperando a que Francisco Rodríguez ou Baltar digan algo.
-¿Non aceptaría entón unha oferta estable na casa?
-Si, claro que o faría, pero como un xeito para poder pagar as facturas e ter unhos aforros para facer depois ese outro traballo que me motiva máis. Ahora mismo gustaríame estar en Siria ou en Libia, pero non polo exótico, senon por trasmitir e facerlle chegar á xente aquí, onde estamos todos moi acomodados, o que sinte unha persoa que vive alí tódolos días.
-¿Séntese unha rara avis nunha provincia na que sempre se di que os xoves so aspiran a vivir de funcionarios?
-Hai moita xente nova que non é así, pero tampouco podemos dicir que é un ciclé. É real, e so hai que ver cómo están as academias. Eu noto que arrisco moito porque teño chorado moito e as teño pasado canutas.
Naceo no Carballiño en 1981. Estudou Fotografía e Iluminación na Escola de Arte Antón Faílde. É fotógrafo autónomo.
Gústalle o deporte, e sempre que pode sae a co monopatín, é un cinéfilo empedernido e ainda que recoñece que neste eido consume de todo, o cine negro «ben feito» e a ciencia ficción, encabezan o listado de preferencias. A lectura é outra das súas debilidades, grazas, segúndo lembra, a súa nai e seu tio que lle inculcaron a paixón pola literatura.