Aprender dos erros pasados

X. Manoel Rodríguez

OURENSE

Achave do goberno da cidade para os vindeiros catro anos está en poder do BNG. E o tempo xoga ao seu favor. E no debe teñen dous problemas: non botarse nos brazos do PSOE ás carreiras, como fixeron hai catro anos, e conseguir manter unha independencia e un criterio tal que consiga facer visible o seu traballo na cidadanía (case nada: o que ostenta o cargo rendabiliza o poder e lamina ao socio -Ourense, Vigo, Pontevedra e antes O Barco, O Carballiño, Lugo...-). O reto non é doado e aí é onde o nacionalista pode gañar, ou perder, o seu futuro.