aseniñamente a actividade do día a día volve ao seu logo de quedar todo peneirado polas eleccións e a resaca dos resultados municipais. E tamén voltan as citas que teñen como obxectivo reivindicar o legado histórico da cidade, e de Galicia, e os seus persoeiros máis salientables. Promovido pola Fundación Alexandre Bóveda, e co apoio de máis de vinte colectivos da cidade, vaise poñer en marcha un roteiro que percorrerá Ourense tendo como referencias os espazos que estiveron vencellados á memoria e á historia do político, economista e galeguista. Representantes de colectivos como Anacos da Cidade, Amencer, Fundación Vicente Risco, Agrupación Cultural Auriense e Fundación Alexandre Bóveda, representada polo seu fillo Xosé Luís, diron a coñecer esta nova proposta que pretende ser un punto de encontro lúdico cultural que comezará na medianoite do venres (na noite do venres ao sábado). Os Salesianos, a delegación de Defensa, a rúa Santo Domingo, a rúa Cardenal Quiroga, a Deputación, a rúa Irmáns Villar, o Principal e a casa natal de Alexandre Bóveda na Barreira serán as paradas deste roteiro que, a partir de agora, terá carácter anual.
Unha proposta que permitirá recuperar a relación de Ourense cunha das figuras máis sobranceiras que diu Galicia no pasado século. Relación que sempre está pendente de accións definitivas por parte das institucións para materializar esa homenaxe a Alexandre Bóveda.
P