Como ourensán, galego e cidán europeo. Educado na loita pola liberdade durante a ditadura franquista; herdeiro dos principios inspiradores das revolucións liberais de fins do XVIII (comezando pola independencia dos EEUU) baseadas na separación de poderes para rematar coa arbitrariedade do absolutismo e estabelecendo fórmulas de convivencia baseadas no Estado de Dereito que garanten a liberdade do home. E entre esas garantías está a de que todo home ten dereito a un xuízo xusto. Para iso dotámonos de organismos internacionais como o Tribunal da Haya, onde debería ser xuzgado Ossama Bin Laden.
A actuación das tropas estadounidense nun país alleo, asasinando a un home que podería ser capturado para logo ser xuzgado, é un atentado contra os ideais do Estado de Dereito. Supón unha volta atrás cara fórmulas totalitarias que recordan o fascismo e o absolutismo monárquico. A razón de estado non pode xustificar semellante acción. Unha acción que, alén de ser repugnante en si, pon en perigo a paz internacional e a convivencia entre distintas culturas. Por tal motivo rogo a vostede transmita ao Parlamento Noruego a revogación do premio Nobel da Paz outorgado ao presidente dos EEUU, Barack Obama. A Embaixada de Noruega en Madrid: emb.madrid@mfa.no.