A pesares de xa existir unha versión, La parranda, nesta época na que os remakes de éxitos de antano revisitan as pantallas dende una perspectiva actual, a obra de Blanco Amor é máis que merecente de ser levada, unha vez máis, á pantalla. Ao seu valor literario.
A esmorga ten o valor engadido da crítica social que de sempre preocupou ao inmortal Eduardo. Facelo dende Ourense, dende unha perspectiva nosa, como galegos, permitirá que o resultado final, do que agardamos a calidade que a iniciativa merece, permita mostrar alén da Terra, nosa, a cosmovisión galaica.
Con certeza proxecto de país que, como tal, debe implicar, como así demostrou a presentación, o compromiso pleno daquelas administracións nas que os galegos estamos representados.
En épocas de crise, e semella que aínda non chegou o peor, iniciativas como da que estamos a falar son de agradecer.
A cultura como incentivo e dinamizador económico, nós e noso como valor. Somentes un pedido, que os beneficios que terá este proxecto sexan reinvertidos para levar á pantalla esa grande obra coral que é Xente ao Lonxe.