O nome de Giuseppe Tornatore saltou á fama cando en 1988 estreou Cinema Paradiso , filme que permanece no imaxinario como o máis fermoso sobre o cine como espectáculo colectivo a través da pantalla grande durante xeracións e xeracións. E aí segue. Tiña moito de autobiográfico como tamén Baaría , proxecto no que empregou varios anos e foi unha das rodaxes máis caras do cine italiano. A trama comeza en 1930 e percorre a historia do país ata os tempos actuais seguindo a unha parella que remata fundando unha familia ó tempo que vive o fascismo de Mussolini, a Segunda Guerra Mundial, e a complexa situación da posguerra con gobernos de limitada estabilidade. Todo facturado ó vello estilo, con grandes decorados, miles de figurantes e música de Morricone. Memorias rotas tamén vai de memoria, pero da máis tráxica, cando en outubro de 1937, un grupo de galegos pertencentes ó Batallón Galicia, liderados polo anarquista José Moreno Torres, entra nos montes de Galicia para rematar perdidos nos montes do Acevo