«O tema dos horarios é algo interesado por parte da Xunta»

Marta Vázquez Fernández
Marta Vázquez OURENSE/LA VOZ.

OURENSE

Os problemas co novo sistema informático e o control do tempo nos xulgados están suscitando moita polémica

28 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A entrada en funcionamento do novo programa informático Minerva nos xulgados de toda a provincia e o recente envío de cartas aos funcionarios de xustiza nas que se lles esixe que recuperen horas de traballo está a causar moito malestar entre os traballadores públicos de toda a comunidade autónoma, e tamén entre os ourensáns. Antón Velón é o presidente da Xunta de Persoal dos funcionarios pola CIG dende o mes de xaneiro.

-¿Como están os ánimos entre os funcionarios?

-O ambiente está moi caldeado. A xente está moi indignada, por un lado polo tema informático, porque intentan traballar e non poden debido aos problemas do novo sistema, que a Xunta lle mercou ao Ministerio de Justicia e puso en marcha sin preparar aos funcionarios e sin comprobar a súa operatividade. Agora resulta que non hai modelos e encima perderonse moitos expedientes do xulgado penal cando se volcaron os datos do programa vello ao novo. Sabemos que se perderon máis de douscentos casos que aínda se están tentando recuperar.

-¿Que solucións está dando a Xunta ?

-Os problemas que temos en Ourense estanse producindo en toda a comunidade e o que sabemos e que o equipo da Xunta está desbordado pola cantidade de incidencias. O que pretenden é facer cursos de formación a partir de outubro aínda que en Ourense sabemos que se van adiantar a xuño. Haberá funcionarios dos distintos xulgados que recibirán formación e despois serán eles os que formen aos seus compañeiros. É un método que funcionou ben co programa anterior aínda que é unha solución que se tiña que ter pensado antes da posta en marcha do sistema, non despois. Eso é algo inconcebible.

-¿E como valora o asunto das cartas recibidas polos traballadores?

-Eu creo que o tema dos horarios é interesado por parte da Xunta, para crear unha cortina de fume sobre o erro que cometeron co tema do sistema informático. A realidade e que a inmensa maioría dos funcionarios está cumplindo o horario e eles mesmos son os que queren ter un sistema de control transparente. Hai moitos funcionarios que non teñen tarxetas e outros que fichan e non lles constan as horas. O que fai falta é un sistema fiable.

-¿Cantos escritos recibironse en Ourense?

-Moitos. Hai sedes, como o servicio común de notificacións, no que todos os funcionarios recibiron as cartas, e a algúns reclámanlles 140 horas, que é todo un mes de traballo. Sabemos que eso é un erro porque é persoal que normalmente fai máis horas das establecidas.

-¿Están dispostos a tomar medidas de presión?

-Se non solucionan o problema a curto prazo vanse tomar medidas de protesta. O que non pode ser é que pretendan deixarnos quedar como xente que non traballa cando non e verdade.