O servizo de Normalización Lingüística carballiñés elixiu aos gañadores do concurso de adhesivos que promociona a lingua
07 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.O concurso de adhesivos promovido polo departamento de Normalización Lingüística do Concello do Carballiño para promocionar a utilización da lingua galega xa ten gañadores. Aínda que só en dous das tres modalidades convocadas xa que a categoría xuvenil, entre 13 e 17 anos, non recibiu ningunha proposta e tivo que quedar deserta.
Eladino Cabanelas Fernández con «Galego, mel nos teus beizos», que representa en tons brancos e negros uns beizos moi vermellos a piques de probar un mel moi dourado, recibiu o primeiro premio da categoría de adultos e tamén o primeiro accésit polo deseño «Que non che coman a lingua», utilizou en ambos os casos pseudónimos, Xagonza e Arrepío, respectivamente.
O segundo accésit foi para «Emprega a túa lingua», deseño realizado de forma conxunta por Diego Reboredo Prado e Yolanda Otero Barroso.
Na categoría infantil coparon os tres primeiros galardóns nomes televisivos moi populares como María José Campanario e Belén Esteban, os pseudónimos utilizados por María Varela con «Namórate en galego» e «En galego senta mellor», primer accésit e por Uxía Nogueira, que recibiu o primeiro accésit por «Emprega a túa lingua, é ou mellor para falar do noso».
A concelleira de Cultura, Asunción Riveiro, destacou o éxito da convocatoria ao indicar: «Estamos moi contentos tanto pola participación que foi moi ampla, como pola calidade dos traballos presentados. Era moi boa, ou que dificultou o labor do xurado á hora de elixir aos mellores». O xurado estivo formado por varios profesores de Galego e de Debuxo, fotógrafos e a propia responsable municipal de Cultura.