Educación, cultura e esixencia política


Namoreime a primeira vista dela, ao igual que de Dulce Chacón, Arianne Mnouchkine e das mulleres de ollos grandes de Mastretta. Teodora, emperatriz de Bizancio, nace en Siria, no ano 502, dentro dunha familia circense, contrae matrimonio con Justiniano I. A súa doble condición de actriz circense e de meretriz obstaculizou o casameno, ata que dictou unha ley permitindo o matrimonio entre clases sociais distintas.

Teodora, grande lexisladora, comeza entón as reformas legais e sociais; leis de igualdade entre homes e mulleres, dereito ao divorcio, prohibición do castigo por adulterio ás esposas, imposición de penas aos violadores, prohibición da prostitución obrigada, leis que permitan herdar e ser propietarias ás mulleres.

Pasaron 1508 anos, 15 séculos de historia. E seguimos falando. Falando. Do que non chega. Igualdade. Igualdade laboral, social e cultural. Igualdade en dereitos, en obrigas, en soldos e en escanos. Igualdade para actuar libres, para sentir, falar, para escoller o camiño. Para pechar unha porta e non sentir medo. A miña filla Luna, nas súas mans o futuro. E en nós as súas. Educación. Cultura. E esixencia política.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Tags

Educación, cultura e esixencia política