Faltaba soamente o firma do título mais universal da narrativa galega, Eduardo Blanco Amor. Unha ausencia natural que a directora da compañía Sarabela, que onte estreou A esmorga, Ánxeles Cuña, supliu sobradamente recibindo na porta do Auditorio a cada un dos veciños de Ourense, incluídos os numerosos representantes do círculo cultural e político que no faltaron a esta cita cíclica e obrigada coa historia e patrimonio cultural de Auria.
A representación de onte a noite, que se repetirá esta noite e mañá no Auditorio, contou coa asistencia dos artistas Marcos Valcarcel, Roberto Pascual, Miguel Carballo, Arturo Baltar e Manuel Buciños. Do ambiente político foi notable a presenza das siglas nacionalistas con Isabel Pérez, Tereixa Paz, Ana Garza, Xosé Manuel Beiras, Alfredo Suárez Canal e Andrés García Mata. Camilo Ocampo, Ana Garrido e Rogelio Martínez, foron outros dos presentes.