21 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
Hixinio Puentes Novo é o gañador do décimo Premio Risco de Creación literaria pola súa obra A do vinteún , ademais de pola súa contribución ao «xénero de novela histórica cunha ollada que transcende o espello xeográfico galego». Tamén onte se fallou o premio de Poesía Cidade de Ourense, que na súa vixésimo quinta edición foi para o vigués Román Raña, polo «dominio rítmico e a calidade expresiva que aporta na súa escritura alcanzando unha poesía pródiga en imaxes e metáforas visuais».