Derrocha entusiasmo cando fala de melloras, de traballar en equipo e sobre todo do Centro Comercial Aberto do Barco, o cal considera un exemplo para moitos colectivos de comerciantes. Manoli Murciego ten claro que se hai unha iniciativa positiva eles sumaránse, como grupo e como negocios particulares. O último exemplo é o selo Calidade Comercio Galego que tamén lucirá a súa libraría.
-¿Que requisitos lles exixiron para obter este selo?
-Claridade na información ó cliente, que estea claro que artigos se poden devolver, que toda a cartelería esté en galego, e sobre todo que a atencións exa personalizada e o cliente sinta a confianza de que o comercio responde polo produto.
-¿Pensa que o consumidor valora estes distintivos?
-Pode que de momento non pero é traballo de todos, tanto da Xunta como dos comerciantes que pouco a pouco se coñeza e que adquira prestixo.
-¿Cómo valora o comercio barquense?
-Eu creo que está á altura tanto de Ourense como de Ponferrada. os comerciantes tamén saímos e vemos o que hai por ahí, aprendemos... E na entrega destes galardóns en Santiago quedou claro que estamos a un nivel moi alto en vilas do noso tamaño e non perdemos na comparativa con capitais.
-Na calidade parece claro pero ¿E no prezo?
-Existe un rumor e unha idea de que somos máis caros pero non é certo, hai variedade de prezos, como en tódolos lados e a calidade e a atención personalizada marcan a diferencia.
-A Xunta aposta por profesionalizar os CCA ¿Como funciona o do Barco?
-Todo o equipo da xerencia fai un traballo estupendo e o que máis custa ás veces é implicar a algúns comerciantas que se resisten a participar, pero pouco a pouco seguimos crecendo e chegando máis ós consumidores. Ademáis, temos o apoio do Concello e xurden novas iniciativas.
-¿... Como o deste selo de calidade?
-Por exemplo. É unha maneira de xuntarnos e celebrar que hai iniciativas e que no barco o comercio está moi vivo.