A Ponte encomendouse a Frei Canedo

Jesús Manuel García

OURENSE

Boa festa armaron onte os de Frei Canedo na Ponte. Antes de sacar en proceisón ó seu patrono, houbo uns actos previos ó pé da Ponte vella. pirmeiro, Frei David do Santo Pincel lembrou que é o sexto ano da festa, agredeceu a colaboración dos corades e de todo o barrio e pediu un aplauso para Antonio Barbosa, cofrade que xa non está entre nós. De seguido, interviu o pregoeiro, Antonio Tabarés, para subliñar que o da Ponte está entre os mellores carnavais do mundo. recordou cando noutros tempos «disfrazabamonos de trapallada».

«Fornicade e comede todo o lacón e as cacheiras», dixo indicando que houbo unha época, na súa mocidade, na que «todo era pecado e o resto engordaba». Tabarés, un pontino máis, díxolle ó respectable que nesta festa teñen bula. de súpeto a música comezou a sonar meténdose no corpo da xente.

O seguinte paso foi a bendición polo abade dos novos cofrades. O primeiro, cun feixe de navizas, espallou auga dun orinal de porcelana sobre a cabeza dos novicios e despois fixo o mesmo para todos os pressentes. Acabadao este ritual, un cañon de luz enfpocou o balcón do primeiro piso de Don gaetano. Tras unha salva de pequeños fogos saiu o papa da Ponte a dar a súa bendición e botar auga cunha sulfatadora. Novos xogos pirotécnicos no balcón, música a todo volume, baile e peche do balcón. Abaixo, moita xente, incluidos os Volantes de Chantada. Cara as oito e media do serán iniciábase a procesión festiva de Frei Canedo polas Caldas arriba. Non choveu pero os veciños pasárono en grande toda a noite. Non é o deles un Entroido histórico pero si moi divertido.

En Ourense este martes haberá baile coa orquestra Solara ás 19.30 horas; concurso de disfraces individuais ás 21.30 horas na Praza Maior e as pasarelas do Entroido desde as 22.00 horas. Ó medio día iniciarase o Folión do Entroido en As Eiroás e ás 13.00 horas será o décimo aniversario da Pita. Unha hora despois celebrarase o convite dos noivos no que cada comensal levará o seu xantar. Á media tarde haberá un baile de máscaras e concurso de disfraces para queimar o Meco ás 21.00 horas.