Unha praca lembrará o acontecemento

La Voz

OURENSE

Acabada a misa descubriuse unha praca de bronce ó pé da igrexa que recorda que en Celanova, neste 2007, houbo un ano santo para lembrar a San Rosendo no seu 1.100 aniversario de nacemento. Un ano que trouxo á vila a máis de 200.000 peregrinos. «Un ano xubilar é sempre un acontecemento de gracia no sentido de facérmonos comprender a mensaxe dos santos», manifestaba o arcebispo de Braga e primado de Portugal, Jorge Ortiga.

Fai 1.065 anos, un 25 de setembro do 942, Rosendo predicaba na inauguración do mosteiro: «E por isto, para gloria do meu Redentor, e en honra de todos os santos mencionados, mandei construir un convento nas faldas do Leboreiro, no sitio que antes se chamaba Vilar e, neste momento Cela Nova».