Xunto co Concello de Castro Caldelas están na organización deste curso homenaxe a Fundación Lois Peña Novo e a Universidade de Vigo a través das súas facultades de Humanidades e Dereito así como a Consellería de Presidencia. Para os alumnos universitarios asistentes haberá dous créditos.
A devandita fundación publicou fai uns meses un libriño titulado: Arrequecer a endeita. Antoloxía de tres homes do Dereito . Fixéronse 503 exemplares nesta primeira tirada, que fora presentada en xuño no castelo de Soutomaior co gallo da entrega dos premios . O libro recolle varios textos de cada un destes homes nacidos no municipio caldelao e que deixaron pegada na defensa da lingua propia de Galicia así como da cultura desta vella terra. Son artigos costumbristas ou ben profesionais das súas especialidades.
Este curso homenaxe será unha das importantes actividades previstas na vila para o outono que vén e motivo de orgullo por tatarse do berce destes profesionais do Dereito.