Tres eixos fundamentais pretende desenvolver Sánchez Vidal: As Burgas, O Couto e a finca Santamariña, pendente, esta, dunha resolución xudicial. -¿Por qué lle pide o PSOE que retire o recurso do PXOM? -Paréceme complicado xestionar o urbanismo cando tes un proceso xudicial pendente. Iso provoca unha inseguridade para todos, non só para o sector da construcción senón para o propio goberno. Agora que temos unha maioría que nos permite reformar o plan, usemos a vía política e non a xudicial porque a xudicial nos pode levar a ter que aguantar cinco ou dez anos de inseguridade. A nosa responsabilidade é que o que podemos xestionar a nivel político non llo deixemos ós xuices. -Vostedes teñen moitas competencias pero o PSOE ten moito orzamento. -Unha organización política sae fortalecida dunha negociación cando ten áreas políticas de peso. Persoal e gasto corrente do Concello, por exemplo, consume o 70% do presuposto municipal. Hai que xestionalo ben pero é unha actividade de carácter doméstico. Os bos proxectos están noutras áreas e aí nós temos un peso fundamental. -¿Terá responsabilidades directas de xestión? -Terei unha especial intervención en xestión do casco histórico e vivenda e termalismo pero vounas coordinar todas porque neste goberno hai dúas organizacións e dous liderazgos e eu teño que exercer a miña responsabilidade. Os cidadáns votaron, case o 50%, por duas organizacións políticas distintas e esta é a riqueza da democracia. -A s relacións ca Xunta, ¿qué esquema seguirá? -Quero ter unha relación boa con todo o mundo. Non podemos e decirlle os cidadáns que en función de quen goberne se fan ou non as cousas. Eses son chantaxes inadmisibles. Voulle pedir os conselleiros do BNG que se comporten con Ourense independentemente que sexan áreas do PSOE ou do BNG. Non vou permitir que se discrimine a ninguna concellería porque non sexa das nosas.