A feira do libro

LUÍS MARTÍNEZ-RISCO DAVIÑA

OURENSE

CALPURNIA | O |

05 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

RESULTA evidente, incluso para os máis optimistas, de que ano tras ano a feira do libro suscita menos interese. Responsabeis de cultura, libreiros, editores, escritores e até os mesmos consumidores deberían, deberiamos, facer unha seria e profunda análise das diversas causas ás que se debe esta situación. E no caso de Ourense, cidade que fixo da literatura un dos seus sinais de identidade, debe ser unha obriga a necesidade de reflexión para acadar un conxunto de respostas que permitan endereitar o rumbo. Non haberá unha única solución, como tampouco hai unha única causa. Facer deste evento un activo que redunde en beneficio dos ourensáns, tentando de convertilo nun referente no panorama cultural da Galiza e norte de Portugal podería ser unha das propostas. Centrar nesas datas a entrega de premios literarios que se celebran na cidade, outra. Incidir ao longo do ano en campañas de animación á lectura implicando a colexios, asociacións de veciños, bibliotecas públicas e outras institucións, tamén axudaría. Non é tarefa doada, mais é obriga intentalo.