Crónica | Maratón de lectura en O Barco
17 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.? acto central no oriente ourensán co gallo do Día das Letras Galegas foi a celebración da oitava edición do maratón de lectura que organiza a asociación Vagalume. Este ano a homenaxe a María Mariño comezou a ritmo de rap. Os encargados de abrir o maratón -tarefa habitualmente asumida por escritores galegos- foi un grupo de alumnos do colexio Julio Gurriarán, coñecidos xa na vila como «os nenos rapeiros do Barco». Onte presentaron ós seus veciños a súa última creación, unha peza hip-hop cunha letra sinxela sobre María Mariño. O seu profesor, José Manuel López Cabana, leva tempo utilizando a música como un elemento máis no ensino, feito que o fixo merecedor dun premio da Xunta á innovación educativa. El coordina ós rapaces, que son os que interpretan coa súa voz a as súas coreografías os diferentes temas. A iniciativa comezou precisamente co gallo das Letras Galegas do pasado ano, cando compuxeron unha canción sobre Lugrís Freire. Onte, xa con experiencia ante o público, recibiron os aplausos dos seus veciños e ademáis de cantar e bailar iniciaron o maratón de lectura, que se alongou ininterrompidamente durante case dez horas na praza do Concello.