CALPURNIA | O |
27 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.AO longo do ano 2006, co apoio da Consellería de Cultura e doutras institucións galegas e do estado, desenvolvéronse toda unha serie de iniciativas, continuadoras doutras anteriores realizadas sen ese apoio, cuxa finalidade é a de revisar unha «historia oficial» que se «acomodou» cando a Transición nun limbo chamado esquecemento. Despois de anos de investigacións, dificultadas pola eliminación e obstrución de acceso ás fontes; de anos de silenzos por fin rachados para dar paso a voces que petan nas conciencias até hoxe dormidas. E no despertar dalgúns, acomodados na situación xerada tras o golpe, xorde o revisionismo como alternativa ideolóxica para tentar de desacreditar as verdades agromadas na revisión da historia imposta polo franquismo. Recorrendo, incluso, a unha xustiza, na altura cegada por tanta tropelía cometida no seu nome ao permitir a aniquilación de inocentes. É de agardar que hoxe non dea as costas a todos aqueles que, como Dionisio Pereira ou Fabien Garrido, levan anos denunciando o terror do franquismo.